Desaloxan un colexio de Vilalba por mor dunha avaría no cadro eléctrico

Desaloxan un colexio de Vilalba por mor dunha avaría no cadro eléctrico
Fonte: Facebook
Desaloxan un colexio de Vilalba por mor dunha avaría no cadro eléctrico

Os 240 alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez foron evacuados do centro por precaución

Os 240 alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez, en Vilalba, foron evacuados do centro - por precaución - este mediodía, tras un fallo no cadro eléctrico. Segundo se lle indicou ao 112, había un forte cheiro a queimado procedente do cadro de contadores.

O director do centro púxose en contacto co 112 Galicia ás 14:10 horas do mediodía de hoxe para explicar a situación. No seu relato, informou que non había fume ou lume pero sí se apreciaba un forte olor a queimado. De esa maneira, e por precaución, decidiron evacuar o alumnado do centro.

Cando os bombeiros chegaron ao lugar, e despois de revisar as instalacións, indicaron que o cheiro procedía dun cabo queimado no mesmo contador, posiblemente, por mor dun exceso de enerxía.

Unha vez rematadas as medicións pertinentes, o centro volveu á normalidade.

Comentarios