Extinguido o lume que calcinou por completo un taller de coches en Cambre

Extinguido o lume que calcinou por completo un taller de coches en Cambre
Foto de arquivo
Extinguido o lume que calcinou por completo un taller de coches en Cambre

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, unha persoa tivo que ser atendida no mesmo lugar polos servizos sanitarios ao sufrir unha crise de ansiedade

O lume rexistrado nunha vivenda de Cambre arrasou por completo o baixo do inmoble adicado á reparación de vehículos. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, unha persoa tivo que ser atendida no mesmo lugar polos servizos sanitarios ao sufrir unha crise de ansiedade.

Ao fío das 20:30 horas da pasada tarde, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, recibía a chamada dun dos moradores da vivenda, na que indicaba que estaba a arder a cheminea. Decontado, o 112 Galicia alertou ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arteixo e dos axentes da Garda Civil. Así mesmo, informouse á Policía Local e Protección Civil da localidade.

Un vez no punto, os equipos de emerxencia indicaron ao 112 Galicia que o lume realmente atopábase nun taller de vehículos, situado no baixo da propia vivenda, no lugar de Altamira. Así, con esta nova información púxose en alerta aos Bombeiros de Betanzos e da Coruña e tamén se informou ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Tras darse por finalizada a extinción, os bombeiros confirmaron que as chamas arrasaron o taller na súa totalidade. Arderon varios vehículos, entre eles dous camións, ademáis dun deposito de gasóleo e a cabina de pintura con distinto material de traballo que almacenaba. Ademáis, a vivenda situada no andar superior tamén se viu afectada polo fume.

Comentarios
Lo más