Os equipos Feminino e Junior do CH Compostela conseguen a Copa Federación Galega de Hockei

Os equipos Feminino e Junior do CH Compostela conseguen a Copa Federación Galega de Hockei
Os equipos Feminino e Junior do CH Compostela conseguen a Copa Federación Galega de Hockei

O equipo Senior feminino #EquipatSport, clasificouse tamén coma Campeón de Liga, xunto co seu entrenador, Luis Aceituno

Boas novas para o clube CH Compostela xa que o equipo Junior e o feminino proclamáronse campeóns da Copa Federación Galega de Hockei nas súas categorías correspondentes.

O equipo Junior conseguiu o seu posto nos últimos días antes das vacacións do Nadal, quedando primeiros por diante do C AA Dominicos e o Compañía de María, ambos conxuntos da Coruña.

O equipo Senior feminino #EquipatSport, clasificouse tamén coma Campeón de Liga, xunto co seu entrenador, Luis Aceituno. Antes do Nadal xa tiñan os puntos necesarios para ter o primeiro posto pero agora, con case todos os partidos xogados e 12 puntos de diferencia sobre os seus rivais, teñen o marxe suficiente para ser xa campioas da súa categoría.

Queda claro que o deportes compostelán, unha vez máis, está de noraboa e arrasa alá por onde pasa.

Comentarios