Seis meses de prazo para que a Fiscalía investigue as dúas mortes acontecidas no CHUS

Seis meses de prazo para que a Fiscalía investigue as dúas mortes acontecidas no CHUS
Foto de arquivo
Seis meses de prazo para que a Fiscalía investigue as dúas mortes acontecidas no CHUS

Podería optar a tres meses máis se fora necesario

Seis meses. É o prazo que ten a Fiscalía de Santiago para investigar as dúas mortes que ocorreron nas urxencias do CHUS o 2 de xaneiro, e que foron denunciadas pola doctora Fátima Nercellas. Dada a complexa investigación, a Fiscalía podería optar a tres meses máis se fora necesario. Incluso existe a posibilidade que se chame a declarar a algún cargo del CHUS ou algunha persona implicada no suceso.

Desde o sindicato médico OMega, a onde pertence a doutora Nercellas, siguen insistindo qu eas situacións de doentes nos corredores e pendentes de ingreso segue a ser habitual. Poñen o exemplo do día de onte, no que tiveron 17 pacientes pendentes de ingreso e 13 no corredor, segundo indican. Explican que os pendentes de ingres son pacientes que, tras ser atendidos en urxencias, determínase que precisan internarse nunha cama para proseguri a súa asistencia, pero que permanecen en espazos á espera dunha cama dispoñible para trasladalos. 

Tras rexeitar a útlima proposta do Sergas na votación do luns, os dous comités de folga de urxencias agardan a que lles chamen para presentar unha nova. Os sindicatos reivindican máis persoal, máis espazos e unha organización diferente para mellorar a situación de urxencias de adultos.

Hoxe xoves ás 08:00 horas rematou a décima semana de folga indefinida. Para o luns da semana que ven está convocada a número 21 que será, como sempre, de 08:00 do luns a 08.00 do xoves. Tamén para as 12:00 horas do luns haberá unha nova concentración en urxencias. E ás 13:00 horas valorarán de novo a situación en asamblea do persoal que segue a folga. 

Comentarios