Entran a roubar en varios postos do Mercado Municipal de Pontecesures

Entran a roubar en varios postos do Mercado Municipal de Pontecesures
Foto do burato por onde entraron
Entran a roubar en varios postos do Mercado Municipal de Pontecesures

A propietaria do posto Frutería-Floristería Mary Janeiro foi unha das afectadas


Esta madrugada entraron a roubar no Mercado Municipal de Pontecesures. COMPOSTELA24HORAS falou cunha das afectadas, propietaria do posto Frutería-Floristería Mary Janeiro, que nos relatou que "os ladróns entraron por unha ventana que ten un cristal de seguridad, con tres capas, e rebentárono."

"Unha vez que estaban dentro fixeron o que lles deu a gana porque ninguén os viu. Foi no meu posto e foi tamén no posto de panadería e no posto de pescadería de Martín Batalla. E intentaron forzar varios postos máis" relata a afectada.

"Eu teño dúas reixas, unha grande e unha pequena. A pequena é electrica, forzárona e meteron dúas caixas do peixe do posto do lado para poder entrar. Do meu posto leváronse as monedas que tiña caixa e dúas caixas de bacalao" conclúe.

As denuncias xa están postas na Garda Civil e xa comezou a investigación para dar coa identidade dos cacos.

Comentarios
Lo más