Unha persoa resulta ferida ao caer desde un muro de catro metros en Culleredo

|

Unha persoa tivo que ser trasladada esta tarde a un centro hospitalario despois de caer desde un muro de catro metros de altura e rematar nun bulleiro. Ocorreu en Culleredo, concretamente na Avenida Juan Carlos I.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular ao fío das 16:10 horas. Acto seguido, desde o CIAE-112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil achegaron á persoa ata a ambulancia, onde foi atendida polos efectivos sanitarios e trasladada ao centro médico de referencia.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.