Falece unha muller tras ser atropelada por un vehículo en Melide

Falece unha muller tras ser atropelada por un vehículo en Melide
Falece unha muller tras ser atropelada por un vehículo en Melide

Pese aos esforzos dos efectivos sanitarios mobilizados ata o punto, só puideron confirmar o falecemento da muller

Unha muller perdeu a vida a pasada tarde tras ser atropelada por un vehículo en Melide. O accidente produciuse na estrada N-547 na parroquia de Leboreiro.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19:00 horas da pasada tarde para alertar do suceso. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, situación tamén foi posta en coñecemento da agrupación de Protección Civil de Melide.

Pese aos esforzos dos efectivos sanitarios mobilizados ata o punto, só puideron confirmar o falecemento da muller.

Comentarios