Localizan con vida ao home desaparecido en Muros

Localizan con vida ao home desaparecido en Muros
Localizan con vida ao home desaparecido en Muros

O home foi encontrado vivo nun camiño na zona de Matovello

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao redor das 12:00 da mañá de hoxe para informar da localización do home que desapareceu o martes en Muros. 

Os GES de Muros e os voluntarios de Protección Civil de Noia xa comezaron a busca na xornada de hoxe e foron inmediatamente informados polos xestores do CIAE 112 acerca do achado.

No relato da persoa particular, informaba que o home foi encontrado vivo nun camiño na zona de Matovello, e que seguramente precisaba asistencia medica.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias. 

Comentarios
Lo más