Oroso ampliará o seu centro cultural e construirá un auditorio

Oroso ampliará o seu centro cultural e construirá un auditorio
Oroso ampliará o seu centro cultural e construirá un auditorio

O proxecto consta de dúas fases. Na primeira delas construirase o auditorio no espazo que ocupa a día de hoxe a sala de usos múltiples. Nunha segunda fase, se instalará a sala de usos múltiples na planta baixa do centro cultural de Oroso

O Concello de Oroso sacou a licitación as obras para a ampliación do centro cultural Fernando Casas Novoa coa posta en marcha dun novo auditorio con capacidade para 200 persoas. Os traballos comezarán de inmediato.

O proxecto consta de dúas fases. Na primeira delas construirase o auditorio no espazo que ocupa a día de hoxe a sala de usos múltiples. Nunha segunda fase, se instalará a sala de usos múltiples na planta baixa do centro cultural de Oroso, además de ampliarse a Biblioteca Municipal. O investimento total nos traballos será de 519.653,37 euros.

“Temos unhas contas saneadas e un remanente de tesourería que nos permite realizar novos investimentos, como é esta ampliación do centro cultural, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Durante as obras, o Concello de Oroso tomará as medidas necesarias para que continúe a programación cultural. O novo auditorio permitirá a chegada de novos espectáculos ao municipio e a sala de usos múltiples seguirá sendo moi importante para a celebración de exposicións, entregas de premios, xornadas ou conferencias.

Para o grupo de goberno socialista, a cultura sempre foi unha prioridade, tal e como reflicte o seu amplio programa de actividades e a masiva asistencia de veciños e veciñas ás obras de teatro ou ás actuacións musicais.

“O ensino e a cultura son fundamentais para as novas xeracións, o auditorio é un proxecto emblemático para o noso grupo de goberno e temos moitas gañas de que sexa unha realidade”, engade Mirás.

Comentarios