Excarcerda unha persoa despois de colidir o seu vehículo contra un muro en Marín

Excarcerda unha persoa despois de colidir o seu vehículo contra un muro en Marín
Excarcerda unha persoa despois de colidir o seu vehículo contra un muro en Marín

Os bombeiros confirmaron que foron dous os ocupantes do vehículo accidentado, aínda que só un deles estivo atrapado

O copiloto dun turismo resultou ferido na noite de onte ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Morrazo despois de que o vehículo no que circulaba rematase accidentado contra o muro dunha casa.

O sinistro ocorreu ao fío das 23:20 horas da noite de onte, no lugar do Castro, na parroquia pontevedresa de Seixo, en Marín. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente e poñía en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros do Morrazo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e tamén os voluntarios de Protección Civil.

Os bombeiros confirmaron que foron dous os ocupantes do vehículo accidentado, aínda que só un deles estivo atrapado. Tras rematar as labores de excarceración, o ferido foi encamiñado para o centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios de urxencias.

Comentarios