ABANCA presenta o programa de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

ABANCA presenta o programa de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite
Foto de arquivo
ABANCA presenta o programa de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

A presentación terá lugar ás 11:00 horas no Centro Obra Social ABANCA

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, presentan hoxe en Santiago de Compostela ‘Aventúrate’, a nova liña de actuación que puxeron en marcha dentro do programa de promoción do deporte ABANCA Deporte Basee.

Esta nova iniciativa inclúe diferentes actividades que teñen como obxectivo achegar a toda sociedade a experiencia de deportistas galegos de elite de diferentes disciplinas, como Iván Raña (tríatlon), Sofía Toro (vela) ou Martín de la Puente (tenis adaptado).

Ambas as dúas organizacións queren contribuír así a difundir entre a cidadanía, especialmente entre os máis novos, os valores vinculados á práctica deportiva, como a perseveranza, o xogo limpo, o compañeirismo ou o afán de superación, ademais de trasladar a mensaxe de que é posible desenvolver unha carreira deportiva de éxito desde Galicia.

Comentarios
Lo más