O Plan Único da Deputación financia a instalación de novo céspede artificial nos campos de fútbol de O Coto e San Mamede, en Vedra

O Plan Único da Deputación financia a instalación de novo céspede artificial nos campos de fútbol de O Coto e San Mamede, en Vedra
Foto de arquivo
O Plan Único da Deputación financia a instalación de novo céspede artificial nos campos de fútbol de O Coto e San Mamede, en Vedra

Publicouse a licitación as obras, que suporán un investimento de 273.019 euros, dos que 193.311 serán achegados pola Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, a través do Plan Único (POS+2018), e o Concello de Vedra investirán 273.018,99 euros para financiar as obras de remodelación e mellora dos campos de fútbol de O Coto e San Mamede, no termo municipal de Vedra. A achega provincial ascende a 193.311,04 euros, mentres que o Concello de Vedra financiará con fondos propios os restantes 79.707,95 euros.

As obras, que veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público, suporán a substitución do actual terreo de xogo, con máis de doce anos de uso, por un novo céspede sintético de última xeración, lastrado con area e caucho e acorde cos parámetros esixidos pola normativa europea UNE EN 15330 para probas de absorción de impactos e FIFA Quality.

As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 13 de febreiro.

Os novos terreos de herba artificial terán unhas dimensión de 55 x 101 m e 58 x 105 metros, respectivamente. Tras a súa instalación procederase ao marcaxe e sinalización dos campos para a práctica de fútbol 11 e fútbol 7, segundo a reglamentación da Real Federación Española de Fútbol. Aproveitarase o equipamento deportivo e os sistemas de drenaxe xa existentes.

Cun investimento histórico de 243 millóns de euros no período 2017-2019 , o Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia actualmente a execución de 1.146 obras nos 93 concellos da provincia da Coruña. Delas, 51 son obras de mellora en instalacións deportivas coma campos de fútbol, polideportivos ou piscinas municipais que se están a executar en 35 concellos coruñeses.

Comentarios