O BNG reclama a instalación da marquesiña de Roxos, que está mercada e nun almacén desde setembro

O BNG reclama a instalación da marquesiña de Roxos, que está mercada e nun almacén desde setembro
Foto de arquivo
O BNG reclama a instalación da marquesiña de Roxos, que está mercada e nun almacén desde setembro

O alumnado de Roxos segue a agardar polo transporte escolar nunha zona sen beirarrúa onde é necesario incrementar a seguranza viaria

O BNG lémbralle ao Goberno local de Compostela Aberta que hai máis dun ano foi aprobada en Pleno a colocación dunha marquesiña para dar servizo ao transporte escolar de Roxos e aínda non se instalou, pese a que TUSSA confirmou en setembro de 2018 que estaba mercada e preparada para colocar, tan só pendente da brigada de obras.

Para o BNG, este desleixo de Compostela Aberta é incomprensíbel cando se trata de seguranza viaria no ámbito escolar, ademais de servir para a protección do frío e da chuvia dos nenos e das nenas e demais persoas usuarias de transporte público neste tempo de inverno.

Deste xeito, os nenos e as nenas de Roxos seguen a agardar polo transporte escolar nunha curva dunha estrada sen beirarrúa nin marquesiña, o que representa un perigo para a seguranza viaria. Na actualidade, as obras de realización da senda peonil chegan até ese punto onde para o transporte público colectivo, polo que cómpre instalar a marquesiña que está nun almacén municipal.

Comentarios