Comezan as obras de acondicionamento do Monte do Gozo de cara ao Xacobeo 2021

Comezan as obras de acondicionamento do Monte do Gozo de cara ao Xacobeo 2021
Foto de arquivo
Comezan as obras de acondicionamento do Monte do Gozo de cara ao Xacobeo 2021

Xa tivo lugar a primeira fase de actuacións para acondicionar os espazos exteriores do Monte do Gozo, con arreglos no auditorio, construción das piscinas exteriores e melloras de zonas verdes e parques

Están a comezar os traballos de cara ao Ano Santo 2021 para transformar o Monte do Gozo nun gran centro de peregrinos. A Xunta puxo en marcha un plan de actuación para recuperar unhas instalacións que servirán para o benestar dos peregrinos xa que está previsto que cheguen a Santiago uns 464.000 peregrinos o ano 2021. 

Este número de visitantes supón unha posta en marcha dun proceso de preparación e adaptación de recursos que precisa "da implicación de todos os galegos", como indicou Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo fai uns días.

Xa tivo lugar a primeira fase de actuacións para acondicionar os espazos exteriores do Monte do Gozo, con arreglos no auditorio, construción das piscinas exteriores e melloras de zonas verdes e parques. Ahora a Xunta estase a centrar na recuperación do acceso ao complexo. Acaban de comezar as expropiacións de cara a integración paisaxística da Ruta Xacobea na súa entrada de Santiago.

 Na zona da capela de San Marcos, no alto do Monte do Gozo, "crearase unha nova praza na fronte da capela, que terá árbores de especies autóctonas e a que se dotará de iluminación para destacar puntos singulares como a entrada do adro". E en San Marcos executaráse unha plataforma de formigón que permitirá a convivencia de veci- ños, peregrinos e vehículos e coidando especialmente a zona fronte ás vivendas".

A Xunta tamén porá en marcha o albergue do Monte do Gozo coma complexo hoteleiro o cal será xestionado por Benvido Albergues, filial de Carrís Hoteles, despois dun proceso de licitación para a explotación do citado lugar por 85.000 euros anuais, frente aos 70.000 que se esixían. Según un comunicado da Xunta, nesta nova contratación incluiuse o aloxamento (620 prazas distribuidas en en pavillóns con 248 habitacións) e eliminouse a concesión das piscinas.

Tamén se incorporou un restaurante, unha cafetería, zonas verdes e sete tendas que serán xestionadas pola concesionaria do albergue. Ademáis, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo comprometeuse a contribuir na financiación dos gastos derivados da contratación, cun total de dous millóns de euros en dous anos.

Comentarios