Un incendio preto da zona da explosión da pirotecnia en Tui provoca danos materiais

Un incendio preto da zona da explosión da pirotecnia en Tui provoca danos materiais
Un incendio preto da zona da explosión da pirotecnia en Tui provoca danos materiais

Unha vez sufocado o incendio, os servizos de emerxencia arrefriaron e aseguraron a zona

Un incendio declarado nun pendello, situado na zona da explosión da pirotecnia de Tui, na parroquia de Baldráns, provocou danos no seu interior sen que se rexistrasen danos persoais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia que se achegaron ao punto, o lume calcinou obxectos de madeira e cartón empregados na elaboración de bombas de palenque sen que detectasen ningún tipo de material explosivo durante a súa intervención.

Foron varias persoas particulares os que contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio ao fío das 15:25 horas e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e aos Bombeiros e GES de Ponteareas.

Comentarios