Compostela Aberta denuncia a través de Facebook a "desinformación" por parte dun medio local

Compostela Aberta denuncia a través de Facebook a "desinformación" por parte dun medio local
Foto de arquivo
Compostela Aberta denuncia a través de Facebook a "desinformación" por parte dun medio local

Según CA, retorcéronse "datos e datas, mezclando conceptos de gasto, execución, orzamento... e ofrecendo información de setembro en vez das cifras anuais"

Compostela Aberta denuncia a través da súa páxina de Facebook unha manipulación da información do Concello por parte de un medio local. O grupo de Goberno de Martiño Noriega afirma que se retorceron "datos e datas, mezclando conceptos de gastos, execución, orzamento... e ofrecendo información de setembro en vez de cifras anuais".

O medio publicou o día de onte un artículo no que aseguraba que, en xeral, Compostela Aberta non destinou gran parte dos presupostos para distintas áreas como atención á muller, políticas sociais ou atencion aos dependentes, entre outras. Aseguraban que do total dos presupostos 2018 para o Concello,  126,9 millóns de euros (con modificación de crédito), solo se gastaran o 41% dese total, "básicamente no pago de nóminas dos funcionarios, gastos correntes ou transferencias a diversos organismos municipais".

O problema que plantexa Compostela Aberta, grupo que goberna o Concello de Santiago, é que os datos que aporta este medio son dos primeiros nove meses asegurando que "a execución dun orzamento nun Concello non é lineal e, a excepción de nóminas, o resto dos gastos son variables, dándose un maior volume de facturación e execución a final de ano".

Polo que Compostela Aberta aporta información dos orzamentos que contrastan coa información aportada polo medio local mencionado. Así, os grupo de Goberno de Santiago de Compostela asegura, por exemplo, que "os programas de igualdade e de atención á muller superaron incluso o orzamento previsto (102%)".

Comentarios