Villares non está de acordo coa opinión dos críticos sobre En Marea

Villares non está de acordo coa opinión dos críticos sobre En Marea
Foto de arquivo
Villares non está de acordo coa opinión dos críticos sobre En Marea

"En Marea é un proxecto con moito futuro"

Luca Chao, parlamentaria autonónima de En Marea e membro de Podemos Galicia, afirmou, nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, que o partido instrumental "fracasou, ou máis ben, fixérono fracasar". Sobre esta entrevista Villares mostrou abertamente a súa discrepancia: "En Marea é un proxecto con moito futuro".

Luis Villares, líder de En Marea, negou que se o partido se desviara dos principios da asamblea constituínte de Vigo: "creo que a política que acabo de sinalar», dijo el portavoz tras presentar varias iniciativas sobre la sanidad pública y la deuda pública, «é perfectamente coherente con aquilo que nos trouxo a moitos á política». Villares entende que o que dí Luca Chao é a súa opinión e non cre que vaia agravar a crise interna que hai dentro de En Marea. Nin que vaia a ter reflexo no grupo parlamentario. «A min que a xente teña opinións diverxentes non me preocupa». Villares afirmou que a súa preocupación reside en que o traballo dos diputados no Parlamento «sexa converxente» co proxecto político común.

Tamén deixaba claro que a línea política non a define calquer diputado coas súas opinións senón él como portavoz da organización: «Como voceiro falo por toda En Marea».



Comentarios
Lo más