A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia un novo colapso en urxencias

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia un novo colapso en urxencias
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia un novo colapso en urxencias

Ademáis tamén denuncian unha retención por parte da seguridade de compañeiros da Asociación que trataban de denunciar a situación

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve a denunciar o estado dos servizos de urxencias do Hosptial Clínico. A través de un comunicado denuncian que "segue o maltrato asistencial nos servizos de urxencias do CHUS".

Segundo afirman, onte ás 14:56 horas, seis pacientes estaban amontoados nos corredores de acceso en cadeiras de rodas e padiolas de distinta gravidade en espera de ser atendidos polo persoal facultativo. A esa misma hora, informan de que 17 pacientes estaban pendentes de de ingreso ocupando os espazos de traballo. E de que todos os cubículos ocupados e as zonas de observación, monitores e curas, non tiñan ningún sitio dispoñible. Que tan só había un sitio dispoñible en críticos. Aseguran no comunicado que ás 18:30 horas a situación empeorou e xa eran 15 os pacientes graves no corredor, e todos as zonas de traballo ocupadas.

No comunicado denuncian: "Como pacientes e usuarios do CHUS non podemos tolerar que se sigan vulnerando dereitos fundamentais das persoas con necesidade urxente de atención, e que se lesione o noso dereito a unha atención digna que respete a nosa intimidade e integridade persoal. A xerencia e os responsables do SERGAS seguen negando a realidade do que está acontecendo a pesares das múltiples probas documentais existentes e das denuncias feitas polo persoal sanitario e pola nosa Asociación, e non teñen problema algún en incumprir a normativa sobre seguridade laboral e as múltiples órdenes da inspección de traballo para deixar libres os espazos de acceso ao servizo."

Tamén denuncian un suceso que aconteceu por parte dos membros de seguridade, por orde da xerencia: "Mentres isto acontece todos os días e ponse en risco a saúde e a vida dos pacientes, onte o persoal de seguridade do servizo, por orde da xerencia, retivo a compañeiros da Asociación de Pacientes ca intención de impedir a denuncia pública da situación, baixo a escusa de que non se poden sacar documentos gráficos dos corredores sen autorización dos pacientes." 

"Resulta alarmante como, para evitar a defensa de dereitos que forman parte do bloque de dereitos fundamentais das persoas utilízase a vulneración inexistente dun dereito que a asociación nunca transgrediu por canto sempre preservou a identidade dos pacientes maltratados no servizo e utilizou medios que impiden a súa identificación como destinatarios de servizos sanitarios. Non podemos mas que cualificar esta conduta como autoritaria e antisocial que só pretende silenciarnos para arrebatarnos un dos poucos instrumentos que temos no noso poder e que non é outro que a denuncia pública dunha realidade que os responsables sanitarios queren que se manteña oculta".

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS conclúen que este feito non vai impedir que sigan denunciando a situación. Todo o contrario: reafírmanse en que deben continuar dando voz a pacientes entre sigan colocándoos nos corredores de acceso e se vulnere os seus dereitos fundamentais. 

Comentarios