Podemos Galicia quere auditar as súas propias primarias

Podemos Galicia quere auditar as súas propias primarias
Foto de archivo
Podemos Galicia quere auditar as súas propias primarias

O máis destacable desta nova é que tres dos catro membros desta comisión formaban parte da propia candidatura gañadora

A comisión de garantías redactou un comunicado o pasado mércores 16 pidindo á secretaría estatal de organización, dirixida por Echenique, que investigue as eleccións internas que lle deron a secretaría xera de Podemos Galicia a Antón Gómez-Reino. O máis destacable desta nova é que tres dos catro membros desta comisión formaban parte da propia candidatura gañadora.

Os feitos ocurridos nas primarias de En Marea, que foron paralizadas tras saberse que houbo un acceso irregular ao censo, son relatados no propio comunicado. Tamén indican que o responsable informático do censo é a mesma persoa que tiña as mesmas tarefas en Podemos, polo que a comisión de garantías duda das súas propias primarias.

Para a comisión é moi extraño que pese a recoñecer o acceso irregular ao censo, Gómez-Reino afirmase que non era "xustificación para a paralización das primarias" pero, cando perdeu Bruzos pediu unha auditoría dos resultados. Por estes motivos, piden auditorías independientes sobre as votacións, sobre a validación dos DNI e sobre o censo.


Comentarios
Lo más