Adxudicación provisional da renovación da pavimentación e servizos en seis rúas situadas no entorno do cemiterio de Ribeira

O prazo da actuación son cinco meses

O Concello de Riveira informa da adxudicación provisional dunha actuación dirixida á renovación do pavimento e dos servizos de seis rúas situadas na cidade de Riveira: Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Ramón Aller, Amor Ruibal, Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, todas elas enclavadas no entorno do cemiterio municipal de Santa Uxía.

De entre as 18 empresas presentadas, a que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Excavaciones Nima, S.L., cunha oferta de 113.898 euros. O prazo da actuación son cinco meses. As rúas mencionadas dispoñen dun pavimento asfáltico en mal estado, mentres que as redes de saneamento e pluviais son deficitarias ou, nalgúns casos, inexistentes. Ademais, carecen de separativo de augas fecais e pluviais.

O obxectivo que se persegue coa actuación reside en pavimentar as devanditas rúas con aglomerado asfáltico previa demolición dos pavimentos actuais.

Así mesmo, instalaranse novas redes de saneamento e pluviais con tubaxes de PVC de 250 e 315 milímetros de diámetro. O proxecto inclúe o pintado das marcas varias.

Comentarios