O Grupo Popular emendará o proxecto de nova ordenanza da ORA a fin, cando menos, de eliminar ou minorar o copago para os cidadáns de Santiago

O Grupo Popular emendará o proxecto de nova ordenanza da ORA a fin, cando menos, de eliminar ou minorar o copago para os cidadáns de Santiago
Foto de arquivo
O Grupo Popular emendará o proxecto de nova ordenanza da ORA a fin, cando menos, de eliminar ou minorar o copago para os cidadáns de Santiago

O Grupo Popular considera que, malia conter algún aspecto positivo, “no seu conxunto o proxecto é unipersoal, irreflexivo, chapuceiro, mezquino, e nalgúns aspectos contraproducente”

O Grupo Municipal Popular presentará, cando menos, una emenda ao proxecto de modificación da Ordenanza da O.R.A a fin de que se valore a eliminación ou minoración da taxa para os cidadáns de Santiago que abonen os impostos no municipio. Malia que é unha Ordenanza Fiscal a que concreta a contía da taxa de estacionamento, o feito impoñible establécese naquela Ordenanza “de acordo” coa Ordenanza da O.R.A, que pode excepcionar do cobro da taxa a determinados perfís de usuarios, como o serían os contribuíntes composteláns.

O Grupo Popular entende que no caso cos contribuíntes santiagueses a oferta de estacionamento en superficie e o servizo de ordenación do mesmo debe facerse con cargo ao orzamento xeral do concello, sen impoñerlles unha taxa ou “copago” engadido aos seus impostos, tal e como sucede coa oferta doutros servizos municipais que non conlevan copago.

O Grupo Popular advirte que o proxecto responde as “elucubracións teóricas do señor Duarte e non á experiencia da O.R.A rexistrada ata agora no departamento de Tráfico”. De feito, no expediente non se inclúe ningún informe deste departamento, o que levará aos populares a pedirlle explicacións ao señor Duro vista a súa “inhibición”.

O Grupo Popular considera que o proxecto da nova Ordenanza da O.R.A consolida a mesma como un mero sistema de recadación, sen preocuparse nin pola optimización das escasas prazas de estacionamento nin por unha configuración equitativa do dereito de acceso as mesma, e sen valorar as consecuencias que poden ter determinadas modificacións..

Comentarios
Lo más