O Grupo Popular pregunta polas xestións feitas polo Goberno de Compostela Aberta para a execución do Orbital

O Grupo Popular pregunta polas xestións feitas polo Goberno de Compostela Aberta para a execución do Orbital
Foto de arquivo
O Grupo Popular pregunta polas xestións feitas polo Goberno de Compostela Aberta para a execución do Orbital

O proxecto de construción do enlace Orbital entre a AP-9 e a A-54 foi aprobado en decembro de 2017 e en febreiro de 2018 iniciouse o procedemento de expropiación dos terreos necesarios para a súa construción

O Grupo Municipal Popular vén de dirixir unha serie de preguntas ao Goberno local de Compostela Aberta para coñecer a súa implicación e as xestións realizadas para que o Goberno socialista incluíra no proxecto de orzamentos do Estado para 2019 algunha partida que permitira avanzar na execución do enlace oribital para a conexión entre a autoestrada AP-9 e a autovía A-54, facilitando o acceso ás áreas empresariais da Sionlla e do Tambre.

Cómpre lembrar que o Pleno da Coroporación aprobou dúas iniciativas en outubro de 2015 e en abril de 2018 nas que se reclamaba que se mantiveran os investimentos previstos e se impulsaran as actuacións para executar este infraestrutura de forma coordinada coas obras de amplicación da capacidade da AP-9, o acceso á cidade da Cultura e o “orbitaliño” sobre a N- 550.

Na actualidade, a ampliación da capacidade da AP-9 está rematada e a punto de rematarse o acceso á Cidade da Cultura, mentres para o “orbitaliño” unicamente se consignan nos orzamentos do Estado de 2019 apenas 100.000 euros (para un total de 7,5 millóns de euros), mentres para o orbital de enlace entre a AP-9 e a A-54 non se consigna nin un só euro, cando o ano anterior se recollia unha previsión de 8M€ (para un total de 26 M€).

A falta de orzamento para o enlace Orbital causa perplexidade por tratarse dunha actuación co proxecto de trazado aprobado no verán de 2015, co seu proxecto construtivo aprobado en decembro de 2017 e mesmo coa información pública e co procedemento de expropiación de terreos iniciado mediante anuncio no BOE do 22 de febreiro de 2018. Esta avanzada tramitación podería permitir licitar as obras no ano actual, cuestión que requiriría dunha dotación orzamentaria que non figura consignada para o ano actual.

Tendo en conta estas consideración, non se comprende tampouco a actitude morna e pasiva do alcalde e do Goberno de Compostela Aberta na súa valoración do proxecto de Orzamentos do Estado, unha actitude que contrasta co seu papel proactivo desempeñado pola organización política En Marea para presentar ante o Congreso dos Deputados, en decembro pasado, unha proposición para solicitar do Goberno do Estado a desestimación da solicitude de prórroga da declaración de impacto ambiental (DIA) presentada pola sociedade estatal ACUAES que permitiría manter a validez da tramitación ambiental da estación depuradora do Souto ata o ano 2020.

A vista desta actitude, parece claro que o Goberno de Martiño Noriega mostra máis interese en apoiar a paralización dunha actuación ambiental en marcha como a EDAR que en impulsar unha actuación viaria paralizada como o Orbital.

Comentarios
Lo más