Un camión bate cun autobús cheo de pasaxeiros na AP-9, ao seu paso por Oroso

Foto de arquivo
Un camión bate cun autobús cheo de pasaxeiros na AP-9, ao seu paso por Oroso

Nin os pasaxeiros no autocar nin o condutor do camión sufriron danos persoais

Un autobús colidiu contra un camión na AP-9, no punto quilométrico 56,000, ao seu paso polo termo municipal de Oroso.

Por fortuna, nin os pasaxeiros no autocar nin o condutor do camión sufriron danos persoais.

Todo comezou ao fío das 18:45 horas cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar dunha colisión, na que había implicado un autobús con 47 estudantes a bordo, con idades comprendidas entre 14 e 15 anos. 

Axiña, informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico aos da Policía Local, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios