Un incendio causa danos materias no exterior dunha nave industrial do Rosal

Foto de arquivo
Un incendio causa danos materias no exterior dunha nave industrial do Rosal

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco a nave se viu afectada polas lapas

Un incendio alertou a pasada tarde aos servizos de emerxencia no concello pontevedrés do Rosal.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco a nave se viu afectada polas lapas. Unicamente, arderon, nun baixo-cuberta anexo á fábrica, diversos refugallos da mesma e tres pequenos depósitos que almacenaban residuos de aceite no recinto da fábrica.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a chamada de alerta dun particular, pasados uns minutos das 19:30 horas. Indicaba que ardían plásticos no recinto dunha empresa de plásticos, situada na estrada que une Tui e A Guarda, á altura de Sogama. A esa mesma hora, persoal dunha empresa moi próxima alertaba ao 112 Galicia do incendio.

A partir de aí, dende o 112 púxose en marcha un operativo no que participaron ademais dos Bombeiros de Porriño, os membros do GES da Guarda, Garda Civil e os efectivos de Protección Civil do Rosal. Tamén, foi alertado o 061-Urxencias Sanitarias por si nalgún momento fose precisa a súa intervención. Así mesmo, persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foron informados da situación polo 112 Galicia.

Unha vez apagadas as lapas, os servizos de emerxencia procederon a refrixerar a zona.

Comentarios