Arde por completo unha casa en Rairiz de Veiga sen que ningunha persoa resultase ferida

Foto de arquivo
Arde por completo unha casa en Rairiz de Veiga sen que ningunha persoa resultase ferida

Ocurriu sobre as 06:45 horas no lugar de Quilmelas

Un incendio nunha vivenda en Rairiz de Veiga deixou a casa totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais. Sucedeu no lugar de Quilmelas, concretamente no número 20.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 6:50 horas para dar conta do lume.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Xinzo, a Protección Civil, á Garda Civil e ao servizo provincial da central de incendios de Ourense.

Xa no punto, os servizos de emerxencia traballaron arreo na extinción do incendio, que quedou sufocado ás 11:30 horas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume puido ter a súa orixe nun teléfono móbil.

Comentarios