Comeza o Programa Especializado en Xestión de Festivais de IESIDE e Festivais de Galicia

Comeza o Programa Especializado en Xestión de Festivais de IESIDE e Festivais de Galicia
Foto de arquivo
Comeza o Programa Especializado en Xestión de Festivais de IESIDE e Festivais de Galicia

Trátase dunha titulación que ten como obxectivo mellorar a xestión, organización e resultados dos festivais de música a través da ampliación de coñecementos e habilidades de dirección dos profesionais do sector

IESIDE, en colaboración con Festivais de Galicia, dá inicio ao Programa Especializado en Xestión de Festivais. Comezará hoxe en Santiago de Compostela e a formación prolongarase ata o mes de maio, con 13 sesións formativas e 4 mesas redondas. Trátase dun programa formativo que ten como fin principal mellorar a xestión, organización e resultados dos festivais de música a través da ampliación de coñecementos e habilidades de dirección e xestión dos profesionais do sector. Ademais, será unha vía para a captación de novos talentos que poidan incorporarse ao sector e desenvolverse profesionalmente.

PROGRAMA ESPECIALIZADO EN XESTIÓN DE FESTIVAIS

O crecemento dos festivais de música e a súa importancia cultural, social e económica non ten parangón nos últimos anos. Durante o ano 2015 celebráronse en España máis de 970 festivais, e no 2016, os 50 festivais máis grandes superaron os 3,5 millóns de espectadores. En Galicia esta actividade segue unha senda crecente, proxectando unha imaxe de calidade e diferenciación clara na súa oferta, con citas como Vive Nigrán, Atlantic Fest, Festival Sinsal, Sonrías Baixas ou o Festival de la Luz. O potencial de crecemento tanto en número de festivais como en asistentes é enorme, e a profesionalización do sector é un dos alicerces nos que debe basear o seu futuro, de aí a necesidade de desenvolver propostas formativas específicas para este ámbito.

En función dos perfís dos asistentes e da demanda dos eventos, poderán ter a posibilidade de realizar prácticas remuneradas nun dos festivais da asociación. O claustro de profesores conta con profesionais reputados en distintos aspectos da organización, xestión, comunicación de festivais ou consultaría cultural, como Sonia Díaz, Ángel Dieste, Adolfo Neira ou Víctor Flores, entre outros.

O programa estrutúrase en dous bloques de coñecementos, que se corresponden con dúas perspectivas de análise, ambas as dúas necesarias e complementarias:

- Por unha banda, abordarase a especificidade dun festival desde o punto de vista conceptual, loxístico, económico e legal para que o estudante obteña unha comprensión clara dos factores críticos que compoñen a cadea de valor dun festival, desde a súa xénese e deseño ata a súa xestión operativa.

- Debido a que cada festival é en sí mesmo un proxecto empresarial, no segundo bloque do programa abordaranse algunhas das principais áreas de xestión, desde o punto de vista estratéxico máis global ata o triplo enfoque de orientación ás persoas, ao mercado e aos resultados.

Comentarios
Lo más