Trasladado un operario tras recibir un forte golpe na cabeza nun balneario de Pantón

Trasladado un operario tras recibir un forte golpe na cabeza nun balneario de Pantón
Trasladado un operario tras recibir un forte golpe na cabeza nun balneario de Pantón

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 9:35 horas, a través dos servizos sanitarios

Un operario tivo que ser trasladado esta mañá ao levar un golpe na cabeza nun balneario do termo municipal lucense de Pantón. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 9:35 horas, a través dos servizos sanitarios.

Debido á gravidade das feridas do traballador, os profesionais sanitarios mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que o varón foi finalmente evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil.

Comentarios
Lo más