Concentración da Policía Local de Santiago diante do Concello

Concentración da Policía Local de Santiago diante do Concello
Concentración da Policía Local de Santiago diante do Concello

"Chegamos a unha serie de acordos (co Concello), non os levaron a cabo e agora mesmo estamos atascados dende o mes de novembro. Sen reunións."

Nestes intres está a ter lugar a manifestación da Policía Local diante da porta do Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, na Praza do Obradoiro. A súa pancarta, colocada no chan xusto na entrada do Concello, indica: "S.P.P.M.E. - GALICIA. Concentración en denfensa dos intereses económicos, sociais e laborais dos policías locais do Concello de Santiago de Compostela".

Según declaracións de Antonio Iglesias, delegado sindical do Sindicato Policial, a COMPOSTELA24HORAS.COM: "Chegamos a unha serie de acordos (co Concello), non os levaron a cabo e agora mesmo estamos atascados dende o mes de novembro. Sen reunións."

O sindicato policial pide, entre outras cousas, que as horas de traballo dos sábados sexan consideradas como horas de día festivo, xa que un policía e un funcionario do mesmo grupo e nivel cobran o mesmo, mentres que a xornada do primeiro é de luns a venres. Denuncia que só cobran 70 euros máis ao mes que un funcionario administrativo, e demandan unha maior compensación por festivos e nocturnidade de acordo coa categoría, grupo e nivel de cada axente, propoñendo que a nocturnidade conleve 22 días hábiles de vacacións. Tamén fan tamén fincapé nunha reivindicación xa coñecida: as deficiencias do cadro de persoal e a falta de efectivos.

En palabras de Iglesias: "No noso tempo libre decidimos vir petar para que nos escoiten".

Comentarios