Esgotadas as entradas para os concertos de Andrés Suárez na Sala Capitol

Esgotadas as entradas para os concertos de Andrés Suárez na Sala Capitol
Esgotadas as entradas para os concertos de Andrés Suárez na Sala Capitol

Nestas dúas citas na Sala Capitol, o cantautor de Ferrol volverá a Abrir una Ventana ao talento musical da rúa convidando a artistas novos a compartir esceario

Xa non quedan entradas para ver a Andrés Suárez hoxe venres 25 e mañá sábado 26 na compostelana Sala Capitol. Nestas dúas citas na Sala Capitol, o cantautor de Ferrol volverá a Abrir una Ventana ao talento musical da rúa convidando a artistas novos a compartir esceario.

Coa acción de internet, #AbriendoVentanas, Andrés Suárez animou aos seus seguidores a axudarlle a dar a coñecer a artistas que expresan o seu arte na rúa. É un aceno aos seus comezos no Metro, xa que, asegura que, por moitos grandes escearios que encha, sempre se considerará un músico da rúa.

Malia que Andrés Suárez pretendía que este dobre concerto que ofrecerá na súa Galicia natal, os días 25 e 26 de xaneiro, pechase a xira, como un final de camiño, estes dous conciertos son a antesala dunha nova data en Madrid que viuse obrigado a sumar ante a rapidez coa que se venderon as entradas para as tres actuacións na But. O chamativo deste concerto en Madrid do 28 de xaneiro no Teatro Cofidis, e que o fará coa banda desenchufada, como o fixera en determinados momentos na maioría dos seus concertos dos últimos meses.

Estas serán as suas últimas actuacións antes de retirarse a grabar o seu novo disco, que verá a luz no 2019.

Comentarios
Lo más