O Grupo Municipal Popular solicita explicacións ao Goberno de Martiño Noriega sobre a “insólita” mellora da rúa Dublín no barrio de Fontiñas

O Grupo Municipal Popular solicita explicacións ao Goberno de Martiño Noriega sobre a “insólita” mellora da rúa Dublín no barrio de Fontiñas
O Grupo Municipal Popular solicita explicacións ao Goberno de Martiño Noriega sobre a “insólita” mellora da rúa Dublín no barrio de Fontiñas

Os Populares consideran que resulta “difícil de entender” o que se ten realizado coas beirarrúas, que quedan irregulares, sen que se poda atopar unha explicación lóxica a este “atrevido deseño”

Desde que remataron as obras de mellora de accesibilidade da rúa Dublín, no barrio de Fontiñas, non foron poucas as queixas de veciños e usuarios polo resultado final desta actuación. Por isto, o Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que explique o resultado destas obras, que, entre outras cousas, perdeu o seu trazado recto, para converterse agora nunha “especie de circuíto de curvas”.

Os veciños desta zona non entenden o novo trazado en forma de “chíncana” e non creen que o resultado final sexa o mellor para evitar que algúns condutores se despracen a menor velocidade, polo que solicitan as explicacións oportunas. Outras das súas inquedanzas refírense ao tamaño das prazas de aparcamento que, nalgúns casos, son “totalmente desproporcionadas para os turismos”.

Así mesmo, os Populares consideran que resulta “difícil de entender” o que se ten realizado coas beirarrúas, que quedan irregulares, sen que se poda atopar unha explicación lóxica a este “atrevido deseño”.

Outras das “curiosidades” observadas polo equipo que dirixe Agustín Hernández, é os pequenos xardíns que invaden a estrada sen ningún tipo de protección, polo que tanto peóns como vehículos pódense ver moi prexudicados por este “espectacular invento”. Por último, os Populares tampouco entenden a colocación dos contedores de lixo, que se atopan case enriba da calzada por onde transitan os vehículos,

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular solicita ao equipo de Compostela Aberta que teña a ben “explicar esta mellora, inentendible para a maioría dos cidadáns”.

Antecedentes

Esta actuación foi realizada pola empresa Joscon e foi resultado do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se destinaron case 60.000 euros. Segundo indicou o Goberno de Martiño Noriega nesta rúa procederíase en dous tramos, no máis preto da rúa Londres, reducirase o ancho actual dos carrís de circulación, elevaríanse os pasos de peóns, e melloraríase o pavimento e as beirarrúas.

No tramo próximo á rúa da Costa do Vieiro, daráselle á calzada un trazado máis sinuoso para calmar o tráfico do pavillón deportivo, algo que como se pode ver no anexo fotográfico só se pode cualificar de “esperpéntico” e pon en dúbidas que isto supoña una “mellora da seguridade vial”.

Comentarios