Ribeira contará dende hoxe cunha praza dedicada ao pintor Xoán Fernández

Ribeira contará dende hoxe cunha praza dedicada ao pintor Xoán Fernández
Ribeira contará dende hoxe cunha praza dedicada ao pintor Xoán Fernández


O acto terá lugar ás 19 horas


Dando cumprimento a un acordo plenario adoptado unanimemente polos membros da Corporación, hoxe terá lugar o acto de nomeamento da praza Xoán Fernández en homenaxe a este pintor local.

O acto terá lugar ás 19 horas, estando situada á praza ao lado da rotonda que enlaza a avenida da Coruña co paseo das Carolinas na cidade de Santa Uxía.

Exposición no Consistorio

Ademais, o luns 28 ás 13 horas a casa consistorial albergará unha exposición dedicada á figura deste insigne artista afincado en Palmeira de estilo hiperrealista influído polos mestres flamencos e holandeses do século XVII, cuxa obra se ten exhibido en Alemaña, Holanda, Bélxica e diversos lugares de España.

Comentarios