Enterrados vivos tres cadeliños en Lestedo

Enterrados vivos tres cadeliños en Lestedo
Enterrados vivos tres cadeliños en Lestedo

Foron descubertos onte pola noite pola propietaria da Pastelería Elena

Onte pola noite foron atopados dous cadeliños duns tres meses de idade, semienterrados nunha finca de Lestedo. A propietaria da Pastelería Elena, ao pechar sobre as 21:00 horas, escoitou o laiar duns animais. Pensaron que eran gatos. Pero Elena sentiu que algo pasaba e chamou á dona da finca. As dúas acercáronse e veron a terra removida e un madeiro por riba. "Aquí enterraron algo" dixo a dona da finca.

Elena relata moi emocionada para COMPOSTELA24HORAS QUE "era a sensación dun canciño, acerqueime e vin uns ollos que me miraban. Metidos nunha caixa eran dous canciños vivos de polo menos tres meses". Pero podemos afirmar que a propietaria da Pastelería Elena ten una sensibilidade especial xa que acercouse hoxe de novo á finca porque algo lle chamaba. Cal foi a sorpresa que atopou un tercer cadeliño que onte, ao non haber luz, escapou e gardouse.

O can de hoxe xa se quedou cunha rapaza que o vai adoptar. E os dous cans de onte foron custodiados por Protección Civil, e, coméntanos Elena, que probablemente un deles quede adoptado polo seu cuñado. Segundo indica Elena, trántanse de cans grandes, peludiños, como pastores alemanes.

En Lestedo non se sabe quen puido facer esta crueldade pero a Garda Civil xa está investigando o suceso. 

"É unha animalada. Esto non se pode facelo", conclúe Elena contundentemente.

Comentarios
Lo más