Ordes acollerá o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe

Ordes acollerá o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe
Ordes acollerá o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe

As competicións sucederanse ao longo de toda a xornada de mañá, concretamente de 10:20 a 14:00 horas e de 16:20 a 20:00 horas

Mañá sábado, 26 de xaneiro, terá lugar en Ordes o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística (fase provincial), concretamente no pavillón Castelao I. Nel participarán unha selección dos 80 mellores patinadores e patinadoras de toda a provincia da Coruña, entre os que se atopan numerosos podios nacionais e internacionais.

A representación ordense correrá a cargo de Antía Calvo Grela e Lucía Deus Recouso na categoría alevín. Na infantil o protagonismo será para Daniela Iglesias Gende. Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira loitarán por obter a mellor puntuación na categoría cadete.

As competicións sucederanse ao longo de toda a xornada de mañá, concretamente de 10:20 a 14:00 horas e de 16:20 a 20:00 horas.


Nesta competición, organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite, tamén colaboran: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Ordes.

Comentarios
Lo más