A Deputación adxudica por 520.000 euros as obras das curvas de O Toxo, en Toques, e a variante Galanas- Cacheiras, en Teo

A Deputación adxudica por 520.000 euros as obras das curvas de O Toxo, en Toques, e a variante Galanas- Cacheiras, en Teo
A Deputación adxudica por 520.000 euros as obras das curvas de O Toxo, en Toques, e a variante Galanas- Cacheiras, en Teo

González Formoso, que visitou durante este mandato ambos os dous enclaves, destacou que ambas obras supoñen “a eliminación de dous tramos perigosos” da rede provincial de estradas na comarca de Santiago e destacou o “gran esforzo inversor” da Deputación en seguridade vial

A Deputación da Coruña deu luz verde definitiva ás obras de eliminación das curvas do Toxo, na estrada DP 4604 e á construcción da variante Galanas-Caheiras, na DP 8202, en Teo.

Onte asináronse ambos contratos, que suman un investimento de máis de 520.000 euros, coas empresas adxudicatarias; polo que se prevé que as obras podan estar en marcha durante o primeiro trimestre do ano.

O presidente da Deputación, ValentínGonzález Formoso, que visitou durante este mandato ambos os dous enclaves, destacou que ambas obras supoñen “a eliminación de dous tramos perigosos” da rede provincial de estradas na comarca de Santiago e destacou o “gran esforzo inversor” da Deputación en proxectos de mellora da seguridade vial e peonil ao longo dos máis de 2.100 quilómetros de estradas de titularidade provincial.

Eliminación das curvas do Toxo

A primeira das obras suporá a mellora do trazado da estrada provincial provincial DP 4604, entre os puntos quilómetricos 4+060 e 4+650, nos termos municipais de Toques e Melide.

As obras foron adxucadas por 299.390 euros á empresa Francisco Gómez e Cía. Un importe ao que hai que sumar os 39.000 € que a Deputación xa investiu nas expropiacións dos terrenos necesarios para a execución dos traballos.

O proxecto suporá a eliminación definitiva dun punto de negro de tráfico no que se rexistra unha elevada sinistralidade, coa corrección e mellora de trazado dun tramo de 600 metros que discorre entre os puntos quilométricos 4+060 e 4+650, coñecido como as curvas de Toxo, entre os núcleos de A Cabana (Toques), e o de Pereira (Melide). Neste tramo, o vial, que conta actualmente cun ancho de 7 metros, pasará a ter unha plataforma de circulación de 9 metros, con dous carrís de 3,5 m . e arcéns de 1,5 metros en ambas marxes da estrada.

Variante Galanas-Cacheiras

Tamén esta mañá asinouse na Deputación o contrato para a execución das obras de ampliación da plataforma e mellora do trazo da estrada provincial DP 8202, que conecta os núcleos de Galanas e Cacheiras, no termo municipal de Teo.

As obras foron adxudicadas á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones por 221.079,03 euros. Un importe ao que se suman os 138.543,94 € xa destinados pola Deputación ás expropiacións necesarias para levalos a cabo.

Segundo explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, a adxudicación das obras supón “a luz verde definitiva a proxecto moi demandado polos veciños da zona”, que permitirá mellorar o tramo da estrada comprendido entre o punto quilométrico 3+500 e a intersección coa estrada AC-841 en Cacheiras (PK 4+420), ampliando o ancho da estrada de 5 a 9 metros, dotándoa de beiravías para mellorar a seguridade peonil e construíndo unha nova variante que evitará o paso continuo de vehículos pola travesía do Lugar da Igrexa.

Neste tramo a estrada actual é moi estreita e conta cun trazado de curvas perigoso, que pasa moi preto das vivendas, da Igrexa e da escola infantil, polo que non é posible ampliar o ancho do vial. Este foi o motivo polo que o departamento de Vías e Obras da Deputación potou pola construción dunha variante que suporá unha importante mellora de seguridade para os veciños da zona.

Ademáis da ampliación da estrada, as obras incluirán a pavimentación, dotación de sistema de drenaxe e recollida de pluviais cun cunetas revestidas de formigón, a colocación de biondas de seguridade nas zonas de terraplén e o reforzo da sinalización horizontal e vertical.

Comentarios