Ordes acolle esta fin de semana o seu VI Trofeo de Tiro con Arco

Ordes acolle esta fin de semana o seu VI Trofeo de Tiro con Arco
Ordes acolle esta fin de semana o seu VI Trofeo de Tiro con Arco

A proba terá hoxe sábado e participarán un total de 70 competidores

Hoxe sábado, 26 de xaneiro, terá lugar o VI Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco. Unha proba que se disputará no pavillón Campomaior a partir das 17 horas. Tras unha quenda de adestramentos dará lugar a competición propiamente dita, cuxa finalización está prevista para as 19.30 horas aproximadamente.

Nela participarán arredor de 70 arqueiros e arqueiras de distintos clubs. A proba está organizada pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Comentarios
Lo más