Unha persoa trasladada por intoxicación de fume despois de arder unha lavadora nunha vivenda en Melón

Unha persoa trasladada por intoxicación de fume despois de arder unha lavadora nunha vivenda en Melón
Foto de arquivo
Unha persoa trasladada por intoxicación de fume despois de arder unha lavadora nunha vivenda en Melón

Os feitos ocorreron no número 81 do lugar de Vilaverde sobre as 15:00 horas

Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro médico ao intoxicarse co fume que desprendeu un incendio, no que ardeu unha lavadora nunha vivenda. Os feitos ocorreron no número 81 do lugar de Vilaverde, no concello de Melón.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través dunha persoa particular, ao fío das 15:20 horas e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE112 Galicia informouse aos Bombeiros do Carballiño, ao GES de Ribadavia, á Garda Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Comentarios