Incendio no punto limpo da Guarda

Incendio no punto limpo da Guarda
Foto de arquivo
Incendio no punto limpo da Guarda

Ardeu un contedor de reciclaxe e outro de plástico

Por outra banda, está mañá declarouse un incendio no punto limpo da Guarda, no que ardeu un contedor de reciclaxe e outro de plástico.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos despois das 11:20 horas a través do GES da Guarda. Nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia informou do incendio aos Bombeiros do Porriño, á Policía Local e a Protección Civil do Rosal.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción ao fío das 12:30 horas.

Comentarios