Aprobadas as luminarias para os paseos de Insuela, Ameixida, punta do Castro, pasarelas de Castro-Catía, O Carreiro e Porto de Aguiño

Aprobadas as luminarias para os paseos de Insuela, Ameixida, punta do Castro, pasarelas de Castro-Catía, O Carreiro e Porto de Aguiño
Foto de arquivo
Aprobadas as luminarias para os paseos de Insuela, Ameixida, punta do Castro, pasarelas de Castro-Catía, O Carreiro e Porto de Aguiño

Esta actuación é posible grazas á axuda de fondos europeos FEDER para o programa Máis Riveira Atlántica 2020 e adscríbese á liña dirixida á mellora da eficiencia enerxética

A xunta de goberno local deu luz verde na súa reunión de hoxe a unha ambiciosa actuación destinada a mellorar a alumeado a través luces de baixo consumo tipo LED de boa parte da franxa litoral que descorre entre Palmeira e Aguiño.

Concretamente, a iniciativa comprende a instalación de luminarias no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no parque de Punta do Castro e nas pasarelas das praias de Castro e A Catía, así como a renovación das luces do paseo do Carreiro e do porto de Aguiño.

En total, a inversión destinada a executar este proxecto ascende a medio millón de euros (4.999.997,47€) divididos en catro lotes e conlevará a colocación de 556 novas luminarias de baixo consumo, ademais do cableado e outros elementos indispensables para levar a cabo esta obra.

A actuación é posible grazas a concesión de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 para a execución do proxecto Máis Riveira Atlántica 2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do obxectivo temático número 4 (Economía Baixa en Carbono).

O proxecto inclúe as seguintes subactuacións:

- No paseo de Insuela, a iluminación mediante 46 balizas e 4 farolas altas do tramo comprendido entre a praia e a zona do camping.

- No paseo da Ameixida disporanse 72 balizas que percorrerán toda a infraestrutura.

- No parque de punta do Castro, disporanse 2 balizas e 26 luminarias sobre columnas, así como 2 proxectores nas pistas deportivas e 4 na zona de aparcamento.

- As pasarelas das praias de Castro e A Catía e o paseo do Carreiro disporán de 221 balizas entre todos os tramos. Tamén se dispón de alumeado para 9 farolas na rúa adxacente Andrés Torres Queiruga.

- Por último, no porto de Aguiño substituiranse todas as luminarias existentes nos viais que percorren o porto e máis o aparcamento por luces LED, ao igual que a zona residencial situada na contorna. En total as luces substituídas serán 100.

Nos catro lotes en que se divide o contrato (Insuela, Touro-Ameixida, parque e Castro-Catía e porto de Aguiño) o prazo de execución será o mesmo: 60 días.

Comentarios
Lo más