A Xunta elimina dous puntos de vertido en Santiago, un no río Sara procendente dunha dunha rede de pluviais do Multiusos e o outro no río Sarela

A Xunta elimina dous puntos de vertido en Santiago, un no río Sara procendente dunha dunha rede de pluviais do Multiusos e o outro no río Sarela
Foto de arquivo
A Xunta elimina dous puntos de vertido en Santiago, un no río Sara procendente dunha dunha rede de pluviais do Multiusos e o outro no río Sarela

As labores de control de vertidos de Augas de Galicia determinaron a procedencia do vertido no río Sar, vencellado ao desaloxo de augas das piscinas do multiusos, e que causou algúns episodios de mortandade piscícola neste río

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda de dous puntos de vertido detectados no municipio de Santiago, un procedente dunha rede de pluviais do Multiusos Fonte do Sar, e outro que recibía o río Sarela por mor dunhas obras nunha vivenda unifamiliar en Casal de Horta.

Vertido no río Sar

No marco do plan de control de vertidos que desenvolve Augas de Galicia, o seu persoal técnico identificou un vertido que recibía o río Sar, a través dun punto de desaloxo de augas naturais e pluviais, que tiña a súa procedencia no Multiusos Fonte do Sar de titularidade municipal da zona.

A raíz de varias inspeccións levadas a cabo ás instalacións por parte do persoal do O Plan de Control de Vertidos, comprobouse que a través deste punto se vertían as augas procedentes do baleirado dos vasos das piscinas municipais, así como as augas residuais xeradas nas fugas e/ou derrames da sala dos depósitos de cloración, conxuntamente coas augas xeradas no pediluvio da piscina exterior.

Os técnicos de Augas de Galicia informaron á empresa xestora da obriga de iniciar os trámites oportunos para a tramitación da correspondente autorización de vertido, no caso de manter os vertidos anteriormente descritos a dominio público, e que estaban relacionados con algúns episodios de mortaldade piscícola acontecidos no río Sar, que motivaron alerta a través do servizo galego de emerxencias.

Nunha recente inspección de Augas de Galicia ás instalacións municipais por parte do seu persoal técnico inspector, en compaña de representación do Concello de Santiago, comprobouse que se procedeu á emenda dos aportes contaminantes que recibía o río Sar, grazas á implantación dun pozo de bombeo que recolle as liñas de auga especificadas con anterioridade, para a súa impulsión á rede de sumidoiros municipal. A maiores, se indica que as augas do pediluvio da piscina exterior se atopan conectadas cara ao punto da rede de pluviais que desaloxa no río Sar, mais que existe unha chave de paso que se pecha cando se realizan labores de limpeza.

A Xunta efectuou recentemente a inspección de seguimento no lugar e comprobou que actualidade esta rede de pluviais se atopa libre de contaminación, logo das actuacións levadas a cabo polo ente municipal.

Vertido Sarela

Por outra banda, o persoal técnico que intervén no plan de control de vertidos veñen tamén de comprobar a emenda dos aportes contaminantes que recibía o río Sarela a través dunha rede de pluviais en Casal de Horta, no casco urbano da cidade.

Augas de Galicia detectou o problema, a raíz dunha alerta notificada polo servizo galego de Emerxencias sobre o aspecto que presentaba o cauce do Sarela ao seu paso polo lugar de Casal de Horta. De xeito inmediato, un técnico desprazouse ao lugar para proceder á toma de mostra das augas vertidas a través da rede de pluviais que desaugaba no río, causando unha notable afección visual no medio receptor.

Froito destes análises e ante a situación observada, deuse conta ao executivo local, e efectuáronse posteriores inspeccións de seguimento, comprobando que a problemática residía na conexión á rede de pluviais das augas residuais resultantes das obras levadas a cabo nunha vivenda particular que estaba a executar un pozo de enerxía xeotérmica.

Na actualidade, e tras a última inspección de seguimento realizada por Augas de Galicia, o punto se atopa libre dos aportes que motivaron a alerta descrita, grazas á conexión das augas residuais resultantes da obra na vivenda unifamiliar á rede de sumidoiros municipal, constatando a maiores este feito a través de analítica que reflexa a ausencia de contaminación a través deste punto, logo da actuación levada a cabo.

Comentarios