A mostra sobre o Paraíso Ilustrado por Dalí prorrógase ata o 1 de febreiro

A mostra sobre o Paraíso Ilustrado por Dalí prorrógase ata o 1 de febreiro
A mostra sobre o Paraíso Ilustrado por Dalí prorrógase ata o 1 de febreiro

Os interesados poden visitala gratuitamente de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas

A exposición formada por 33 gravados cos que Salvador Dalí –do que se cumpren 30 anos do seu pasamento- ilustrou os círculos do Paraíso da Divina Comedia de Dante prolónganse unha semana máis no Centro Cultural Lustres Rivas ata o día 1 de febreiro.

Os interesados poden visitala gratuitamente de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.

Visita do colexio de Castiñeiras

Ao fío disto, cómpre informar de que hoxe a mostra recibiu a visita de alumnos do colexio Sagrario Corazón de Castiñeiras, os cales tiveron a oportunidade de afondar nas circunstancias que conduciron á creación destas e das outras dúas series inspiradas na magna obra de Dante da man de Alicia Padín e Unai González.

Comentarios
Lo más