A Consellería de Economía informará hoxe aos empresarios do Tambre sobre as liñas de apoio para as pemes galegas

A Consellería de Economía informará hoxe aos empresarios do Tambre sobre as liñas de apoio para as pemes galegas
Foto de arquivo
A Consellería de Economía informará hoxe aos empresarios do Tambre sobre as liñas de apoio para as pemes galegas

Francisco Conde clausurará a actividade ás 20 horas, na que se celebrará un networking para atender de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes

A Asociación Área Empresarial do Tambre acolle hoxe luns, día 28, unha xornada informativa sobre “Axudas e servizos para as pequenas e medianas empresas galegas” que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A actividade, que será inaugurada polo presidente da asociación empresarial, Jesús Chenel, ás 19:30 horas, contará coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, que clausurará a xornada ás 20:00 horas.

O director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes; a representante do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Elena Polo; e o subdirector de Información do Igape, Curro López, explicarán as liñas de apoio da Consellería de Economía. A continuación, celebrarase un networking onde se atenderán de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes. Trátase dun acto aberto a todos, pero con previa inscrición por motivos organizativos ( aepit@poligonotambre.com ).

Comentarios