O Foro pola Economía Social Galega organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’

Terá lugar na sede da entidade da Rede Eusumo Agaca na rúa Tomiño 22, baixo ás 11:00 horas.

Hoxe luns 28 de xaneiro o Foro pola Economía Social Galega organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’, para cooperativas e as diversas organizacións que compoñen o sector da economía social en Galicia.

Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Cegasal, Aeiga, Agaca, Aesgal e EspazoCoop, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración.

Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.

No encontro previsto para hoxe, tratarase ademais, a temática específica das liñas de axudas no ámbito da enerxía, coa participación do INEGA – Instituto Enerxético de Galicia, contaremos para a sesión cunha persoa Técnica deste organismo. Tamén darase a coñecer a opción de consumo de enerxía verde a través da cooperativa Nosa Enerxía.

Terá lugar na sede da entidade da Rede Eusumo Agaca na rúa Tomiño 22, baixo ás 11:00 horas.

Comentarios