Unha muller ferida, polo menos, nun choque frontal entre un coche e un camión no Corgo

Unha muller ferida, polo menos, nun choque frontal entre un coche e un camión no Corgo
Foto de arquivo
Unha muller ferida, polo menos, nun choque frontal entre un coche e un camión no Corgo

O accidente ocorreu ao fío das 08:15 horas desta mañá, na N-VI, no punto quilométrico 490

Unha muller resulta ferida ao colidir frontalmente o vehículo que conducía contra un camión.

Tras recibir a alerta dun particular, que indicaba que a condutora podía estar ferida grave e atrapada no interior do vehículo, de inmediato, dende o 112 Galicia pasouse aviso ademais de aos servizos sanitarios de urxencia –que xa tiñan constancia-, aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico. Tamén, se requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

O accidente ocorreu ao fío das 08:15 horas desta mañá, na N-VI, no punto quilométrico 490, á altura do concello lucense de O Corgo.

Nestes intres, os servizos de emerxencia continúan no lugar dos feitos. 

Comentarios
Lo más