O frío de fai unhas semanas deixanos sen grelos

O frío de fai unhas semanas deixanos sen grelos
O frío de fai unhas semanas deixanos sen grelos

A xeada procedente do frío que pasamos queimou os que había 

Non teremos grelos este ano? Que está a acontecer con este producto tan galego, tan noso? Porque estamos a sufrir unha escasez de esta exquisita verdura?

COMPOSTELA24HORAS.COM acércase ata a Praza de Abastos de Santiago para saber de primeira man porqué este ano non hai tanta cantidade de grelos coma outros anos.

"Acabamos de pasar unha ola de frío fai unhas semanas que queimaron todos os grelos" afírmanos a dona dun dos postos de Abastos. "Ademáis non choveu durante esta época na que pasamos de nabizas a grelos, polo que o grelo ainda non floreceu" afirma a compañeira do posto do lado.

Polo que nos indican en Abastos, este ano estamos tendo escasez de grelos, dos que saen polo mes de decembro, debido a que as xeadas queimaron o que había. Pero aínda estamos a tempo a que saian máis e que teñamos suficientes para o entroido, que é cando máis se degusta este manxar, acompañando ao cocido.

Comentarios