A borrasca Gabriel golpea Galicia

A borrasca Gabriel golpea Galicia
Foto de arquivo
A borrasca Gabriel golpea Galicia


Notarase especialmente na costa con condicións adversas


As condicións adversas que está a vivir Galicia, especialmente na costa norte tamén puxo en alerta a quince comunidades españolas. A borrasca, que foi bautizada como Gabriel, chega con forza á nosa costa golpeando sobre todo ao litoral do Ortegal e ao da Mariña, única zona onde a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou o aviso laranxa por fortes ventos superiores aos 100 km/h e forz 8. 

A racha de vento máxima rexistrada hoxe foi en Cedeira: 120 km/h. En Cariño, 105,5 km/h. Na Mariña lucense foi en Viveiro, rexistrando a estación de Penedo do Galo, ráfagas de 109,8 km. En Burela 108 km/h. En Ourense foi en Manzaneda, uns 100 km/h. 

Segundo afirma Meteogalicia, prevese algún claro ao longo da tarde. Tamén que as chuvias sexan ocasionais e ailladas.. O mércores haberá moita choiva, sobre todo á tarde. Despois disminuirán ata chuvasco para o xoves. Esta noite a borrasca alcanzará Galicia. O peor: temporal duro no mal. Dende Meteogalicia queren advertir das condicións adversas na costa: mar de forza 8 e 9 con olas de altura importante. A noite do xoves alerta nivel laranxa. E deste temporal, o máis duro para a mañá do venres, que baixarán as temperaturas.

Comentarios