Trasladado o dono dunha granxa de polos en Sarreaus a causa dunha acumulación de monóxido de carbono

Trasladado o dono dunha granxa de polos en Sarreaus a causa dunha acumulación de monóxido de carbono
Foto de arquivo
Trasladado o dono dunha granxa de polos en Sarreaus a causa dunha acumulación de monóxido de carbono

A granxa de polos está localizada na parroquia de Santa María de Codosedo, no concello ourensán

O dono dunha granxa de polos localizada na parroquia de Santa María de Codosedo, no concello ourensán de Sarreaus, tivo que ser trasladado a un centro hospitalario despois de detectar na súa propiedade unha alta presenza de gas.

Foi o propio afectado quen chamou ao 112 Galicia ao fío das 12:15 horas de hoxe. Segundo se lle indicou aos xestores do CIAE, o alertante atopábase mal e con síntomas de intoxicación por acumulación de monóxido de carbono no interior da granxa. O home tamén informou que esta situación xa lle había sucedido nunha ocasión anterior e, a raíz diso, procedeu a ventilar o local.

Decontado, o 112 Galicia informou dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Laza, á Garda Civil e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez realizadas as medicións pertinentes, os bombeiros confirmaron que había unha elevada concentración de monóxido de carbono na propiedade debido a unha avaría nas estufas usadas para manter a temperatura da granxa.

Comentarios