Destacada participación do CEIP Castelao nas actividades do programa XOGADE

Destacada participación do CEIP Castelao nas actividades do programa XOGADE
Destacada participación do CEIP Castelao nas actividades do programa XOGADE

O programa XOGADE é unha iniciativa organizada e desenvolvida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

Un total de 13 alumnos e alumnas do CEIP Castelao participaron recentemente no Campionato Intercomarcal de Campo a Través do Programa XOGADE 2018-19. Concretamente tivo lugar no parque do Restollal, en Santiago de Compostela, onde acadaron uns resultados destacados. O equipo alevín feminino quedou en segunda posición, éxito ao que lle hai que engadir a clasificación de 8 rapaces e rapazas para o Campionato Provincial de Centros de Ensino, o cal terá lugar o 22 de febreiro en Noia.

Por outra banda, e dentro do mesmo programa, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar hai escasos días en Boimorto na I Xornada de Bádminton da Liga Intercomarcal. Unha iniciativa coa que a área de Educación Física quere potenciar, favorecer e promover o achegamento a diferentes modalidades deportivas. En total acudiron 9 alumnos e alumnas das categorías benxamín e alevín, que competiron con outros e outras integrantes das escolas deportivas dos concellos de Trazo, O Pino, Boimorto, Toques e o IES Xelmírez II de Santiago de Compostela.

O programa XOGADE é unha iniciativa organizada e desenvolvida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Comentarios