Reclaman que a Xerencia negocie co persoal de Urxencias do CHUS e atenda as súas demandas

Reclaman que a Xerencia negocie co persoal de Urxencias do CHUS e atenda as súas demandas
Foto de arquivo
Reclaman que a Xerencia negocie co persoal de Urxencias do CHUS e atenda as súas demandas

Montse Prado reclama ao Goberno galego sentarse a negociar co persoal e atender as súas demandas “xustas” e que buscan a máxima calidade na atención sanitaria

A deputada do BNG, Montse Prado, lamentou onte, que o Partido Popular persista “nun discurso, que unicamente tenta xustificar a grave situación da Sanidade pública galega”. No transcurso do debate da proposición non de lei do BNG, defendida pola propia Prado, a nacionalista reclamou ao Goberno galego “utilizar o 100% e dotar de persoal estable o Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela”, cuxo persoal está a secundar unha folga que alcanza as 11 semanas.

Tras a intervención da portavoz popular, Encarna Amigo que anunciou a presentación dunha emenda ao texto do BNG, Prado reprochou a falta de vontade política do Partido popular para establecer un diálogo sobre a proposta do persoal do CHUS que busca aproximarse ás súas demandas e que está enriba da mesa da xerencia do centro hospitalario.

Prado insistiu na “falta de vontade negociadora” da Xerencia do CHUS e do Sergas que está obrigando ao persoal a manter a folga porque “non está disposto a aceptar parches”. O persoal está disposto a seguir loitando por unha sanidade pública de calidade cunha asistencia digna ás persoas doentes que entran pola porta, esa é a razón pola que rexeitan as condicións que vostedes ofrecen, unhas condicións que continúan no camiño da precarización, falta de persoal e recursos suficientes tras unha década negra de permanentes recortes.

Os e as profesionais da sanidade están dicindo basta xa de “cargar sobre o lombo dos traballadores e traballadoras” o peso dunha sanidade que vostedes están dilapidando con políticas regresivas, privatizacións e máis recortes.

Prado preguntou polas verdadeiras razóns do voto en contra do Partido popular á iniciativa nacionalista despois de afirmar a portavoz do PP que están a estudar a proposta presentada polo persoal do CHUS. Parécenos “unha burla” que o PP presente unha emenda co texto, “continuar a axilizar, na medida do posible, o proceso de negociación,” criticou a deputada do BNG quen pediu a portavoz popular un compromiso e vontade para poñerse ao lado dos traballadores e traballadoras co fin de axilizar, de maneira real o acordo. A portavoz do PP eludiu pronunciarse sobre a petición da parlamentaria nacionalista.

Prado recalcou que as demandas dos e das traballadoras do servizo de Urxencias do Chus, “son xustas” e permiten prestar unha asistencia sanitaria “digna”. Rectificar é de sabios e o Partido popular, afirmou, “está perdendo a batalla”, os problemas son tan evidentes que chegaron á opinión pública e aos medios de comunicación e por moito que se empeñe o goberno do PP en tentar negar a realidade non o está a conseguir, concluíu.

Comentarios