O Museo do Pobo Galego acolle a mostra "O eco das amazonas"

O Museo do Pobo Galego acolle a mostra "O eco das amazonas"
O Museo do Pobo Galego acolle a mostra "O eco das amazonas"

Esta mostra é froito da colaboración entre os concellos de Ourense e Celanova co Museo do Pobo Galego

Desde hai anos no Museo do Pobo Galego, coincidindo coa data sinalada do 8 de marzo, véñense celebrando actividades dirixidas a avivar o debate, a reflexión, a conciencia e a memoria ao redor da perspectiva de xénero.

Na mostra O eco das amazonas, Baldomero Moreiras dá forma a un gran retablo de mulleres, que ao longo da Historia deixaron a súa pegada en campos tan diversos como a música, a arte, a ciencia, a literatura ou a política. Desde Hipatía de Alexandría, Inés de Castro, Artemisia Gentileschi, a Zaha Hadid, Maruja Mallo ou María Casares, o autor vai mostrando a súa admiración polo labor, moitas veces silenciado, de mulleres ás que se rende homenaxe, sacándoas do esquecemento.

A esfera, símbolo de “harmonía co universo”, é o orixinal soporte que o pintor utiliza para dar forma a cada unha das protagonistas. A xestualidade da pincelada, o cromatismo vivo de azuis, vermellos e verdes, así como ese axuste entre figuración e abstracción acaban por articular o soño da pintura á realidade de cada unha das biografías.

Esta mostra é froito da colaboración entre os concellos de Ourense e Celanova co Museo do Pobo Galego.

Comentarios
Lo más