Bascuas e Reigame mantiveron un encontro para falar das demandas dos veciños do Ensanche

Bascuas e Reigame mantiveron un encontro para falar das demandas dos veciños do Ensanche
Foto: Santiago Turismo
Bascuas e Reigame mantiveron un encontro para falar das demandas dos veciños do Ensanche

Dende Raigame apuntan a necesidade de levar a cabo varias actuacións para atallar as distintas problemáticas de ruído e convivencia a humanización de distintas rúas

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros de Raigame mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas actuacións pendentes no Ensanche. 

Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual do Ensanche. 

Dende Raigame apuntan a necesidade de levar a cabo varias actuacións para atallar as distintas problemáticas de ruído e convivencia a humanización de distintas rúas, a revitalización da Praza de Vigo, o plan de mobilidade e os usos posíbeis do antigo Peleteiro ou a dinamización do Ensanche por medio de actividades culturais e de convivencia.

Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoia e fai súas ás demandas de Raigame para facer do Ensanche un espazo de convivencia para disfrute da veciñanza.

Comentarios
Lo más